Empanada gallega

Ás ricas empanadas!

A empanada galega é un dos pratos por excelencia da nosa gastronomía e que xunto co marisco deixa a todos os peregrinos pampos a primeira vez que a proban.

Non é para menos, a súa masa e o seu recheo fan que se teña máis que ganada a súa boa fama pero, pensaches algunha vez onde xurdiu este manxar tan apetitoso? Sen dúbida, agora serás ti o que non poderá pechar a boca da sorpresa que levarás ao saber a cantidade de sitios que fan da empanada un prato típico da zona.

Así comezou a orixe das empanadas

A empanada nace como unha costume dos pastores de encher os pans con viandas ou vexetais para levar como aperitivo nas súas largar xornadas no campo. Co paso do tempo, este prato foi evolucionando e optouse por cocer a masa e o recheo asemellándose á idea que hoxe en día temos da empanada.

Pero como soe pasar cando se trata de buscar a orixe de algo, existen varias versións e o nacemento exacto da empanada non está exento delas. Ademais, neste caso entran en conflito varias hipóteses nacionais de todo o mundo que tratan de adxudicarse a paternidade deste prato.

Por un lado, hai quen pensa que a tradición de elaborar esta comida provén dos árabes que adoitaban preparar un manxar coñecido como “esfigha” e “fatay”, empregando para iso, carne de cordeiro, bulgur e especies. Sen embargo, outros sitúan a súa orixe varios séculos antes de Cristo, en la antiga Persia, ou incluso en Grecia onde se preparaba coa axuda da coñecida masa phillo, e que foron os árabes os que tomaron este prato como referencia para cociñar o seu propio.

Donde nació la empanada

En España, a aparición das empanadas atribúese directamente aos árabes cando estes invadiron a península no século VIII. Na Idade Media, utilizábase para a súa elaboración unha masa de fariña ou de centeo e adoitase encher con carne ou pescado aínda que o máis habitual era que se empregasen as sobras dos guisos. Pero o libro de cociña Libre del Coach, o primeiro que nos fala desta comida e que foi publicado en 1520 polo catalán Rupertos de Nola, desvélanos que por aquel entón as empanadas estaban recheas de mariscos, atún, anguías, troita e congro.

Como podedes ver, a orixe non está clara pero no que si estamos todos de acordo é que esta receita tan sinxela nos seguirá acompañando durante moitos máis anos na nosa vida e non se perderá ningunha festa ou reunión multitudinaria.

Un recorrido polas empanadas do mundo

As empanadas é un dos manxares que comprace os gustos culinarios da maioría dos humanos. Son moi poucos os que se atreven a rexeitar unha delas, tanto é así que xa conquistaron practicamente todo o mundo.

Non só España e Galicia en concreto somos coñecidos polas nosas empanadas, hai tamén outros países que apostaron por este prato e lle deron o seu toque cultural. Queres coñecelos? Aquí che traemos unha selección de lugares e as súas empanadas máis ricas.

  • Arxentina

Aquí as empanadas xa non teñen esa forma circular, máis ben trátase de semicírculos con un repulgue que lles permite saber de qué sabor se trata. O recado, é dicir, o recheo das empanadas varían en función da rexión na que decidas consumir o produto pero o máis habitual é velas recheas de carne de res, polo, xamón e queixo ou espinacas. A masa soe ser de fariña de trigo complementada con manteiga ou aceite, coñecida como salteñas, e pode enfornarse ou fritirse e conseguir as famosas tucumanas.

  • Cuba

Os cubanos tamén empregan o termino empanada para referirse as empanadillas. Neste país, o recheo consiste principalmente en carne res moída ou polo que se expande na masa e se dobra, para posteriormente freila na tixola.

  • Chile

As empanadas chilenas empregan a fariña de trigo para elaborar a súa masa e distintos recheos que dependen do gusto de cada un. Unha das máis famosas é a empanada de pino que están recheas con carne de vaca picada, cebola fritida, uvas pasas, olivas, ovo duro e cunha salsa composta por ají de color.

otras empanadas

  • Indonesia

Aquí as empanadas non se coñecen con ese nome senón que se chaman panadas ou pastel. A tradicional panada inclúe atún e chiles picantes que se introduce nunha masa de pan fritido cunha cortiza moi grosa. Para os máis doces, existe o pastel, unha empanada coa cortiza máis fina pero igual de crujiente que se rechea con patacas picadas, allo, fideos de arroz, cenoira e cebola.

  • Italia

As empanadas italianas coñécense co nome de panzerotti que se friten en aceite de oliva e son un produto orixinal da zona de Apulia. A súa masa está feita con fariña de trigo e tamén empregan, a diferencia doutras empanadas, fermento de cervexa. O recheo baséase en produtos moi típicos da comida italiana como son o queixo mozzarella, a salsa de tomate, ovo, requeixo, carne e cebola. Tamén existen as empanadas ao forno, que se coñecen como calzone e que son máis grande que os panzerotti.

A empanada galega, a nosa 

Aínda que existen miles de empanadas no mundo, para nós a mellor sempre será a galega.

A nosa empanada é mundialmente coñecida e recoñecida pola súa inimitable masa, trátase dunha masa fina pero crujiente nos seus laterais na que se pode empregar distintos tipos de fariña para a súa elaboración. As máis coñecidas son a de trigo, millo ou centeo.

Os recheos posibles que se poden incluír dentro da masa son moitos pero algúns optan polos mexillón, o polbo, as zamburiñas, os berberechos ou o choco, aínda que as empanadas máis comúns son a de carne, atún e bacallau. Ademais esta última soe ir acompañada de uvas pasas para darlle un sabor máis doce.

É difícil ter unha empanada galega favorita xa que todas están para chuparse os dedos pero, a ti cal che gusta máis?

404 comentarios

Los comentarios están desactivados.