Deliciosos aperitivos con pan

O pan é un alimento básico na nosa dieta tradicional. O máis común é que sexa o acompañante ideal nas nosas comidas pero sabes que existen infinidade de receitas que utilizan o pan como elemento esencial da súa elaboración?

No post de hoxe traemos unhas cantas receitas para que fagas os aperitivos máis deliciosos e sorprendas aos teus convidados. Colle a baguette porque poñémonos mans á obra|

Receitas con pan que namoran 

O panini fai referencia a unha das receitas italianas máis coñecidas cuxa elaboración se comezou a xeneralizar en Estados Unidos para facer referencia a aqueles sandwiches o bocadillos que se  tosten en ferros quentes, conseguindo que o pan quede crujiente.

O recheo utilizado para elaboralo depende do gusto de cada un, o máis común é empregar queixo xa que ao fundilo da un sabor moi agradable ao padal pero é  moi habitual que se combine con alimentos de sabores totalmente opostos e texturas tamén distintas.

  • Panini de bacon e xamón

Os ingredientes a utilizar para este primeiro aperitivo son moi sinxelos de atopar no supermercado, incluso pode que teñas algún xa na casa. Toma nota!

  • 1 baguette
  • 2 ovos
  • 100 gramos de bacon afumado
  • 100 gramos de xamón serrano
  • Un par de follas de perexil
  • 200 gramos de queixo rallado
  • 1 cebola

Recetas con pan

Comezamos! Primeiro, colle a baguette e córtaa pola metade ao largo dela ata chegar aos bordes. Retira o máis que poidas o miolo xa que non o vamos a necesitar e se che apetece podes aproveitar e comela.

Deixamos a baguette a un lado e poñémonos co recheo. Colle unha cunca para bater os dous ovos. Unha vez feito, engade o queixo rallado e o bacon e xamón xa cortadiño en pequenos anacos. Colle a cebola e córtaa en dadiños pequenos e fai o mesmo co perexil. Engade aproximadamente unha cullerada á mestura anterior destes ingredientes. Remóveos ben ata conseguir que quede todo impregnado de ovo.

Volve a coller a baguette e estende a mestura anterior sobre a súa superficie. Colócaa nunha bandexa de forno xa que o seguinte paso é levalo ata alí e deixar que se cociñe durante uns 10 minutos a uns 200º aproximadamente, comprobando que o ovo estea ben callado e o queixo ben fundido. Unha vez listo só queda servir e gozar do  seu sabor.

  • Panini de atún 

Da carne pasamos ao pescado, para que aqueles amantes do atún tamén teñan a súa receita de panini. Os ingredientes a empregar neste caso son:

  • 1 baguette
  • 1 lata de atún en conserva
  • 1 bote de tomate frito
  • Mozzarella
  • Ourego
  • Olivas negras

Prepárate que comezamos! Colle a lata de bonito e escorrer todo o aceite que contén. Nunha cunca ou prato mestura o atún co tomate frito na cantidade que consideres. Engade tamén a mozzarella e un chisco de ourego.

Parte a baguette verticalmente e coloca a mestura sobre a superficie. Se queres decora o aperitivo e mellora o seu sabor, corta as olivas negras en toros. Xa por último, coloca as baguettes no forno a uns 180º e déixaas que se cozan durante 7 minutos. Así de sinxelo!

Os roliños de pan recheo más exquisitos

Outra boa opción para sorprender aos teus comensais é preparar distintos aperitivos de pan recheo. Trátase de receitas moi fáciles de preparar e rápidas, tanto como o que durarán no prato sen ser probadas.

O pan é o auténtico protagonista polo que é importante que sexa crugiente e alargado, unha baguette sería o máis ideal. A mestura pode ser de distintos ingredientes e para guiarte un pouco na súa elección traémosche estas dúas receitas moi apetecibles para esta primavera.

  • Roliños de piña e pavo

Sen dúbida, cando probes este aperitivo arrepentiraste de non habelo feito antes, os seus ingrediente xa nos dan unha pista do deliciosa que é esta receita. Solo necesitamos:

  • 1 baguette
  • 250 gramos de queixo en crema
  • 150 gramos de queixo azul
  • 150 gramos de piña natural
  • 150 gramos de friame de peituga de pavo

Recetas de pan relleno

Nunha cunca ponse todo o queixo azul e coa axuda dun garfo traballámolo un pouco. Incorpora o queixo en crema e mestúrao co azul ata que quede ben integrado. Corta a piña en anacos pequenos e fai o mesmo coa peituga de pavo, para despois engadilo á mestura. Para darlle ese toque de frescura ao aperitivo, deixa que repouse no frigorífico un par de horas, isto xa é ao gusto do cociñeiro.

Para preparar o pan, córtase a punta da baguette co coitelo e faise unha incesión co dedo na cortiza do pan, retirando a miga para conseguir facer un oco. Coa culler vaise introducindo a mestura no interior do pan, tratando de empuxala ata o final para que ao cortalo non quede ningún oco sen recheo. E listo para comer!

  • Roliños de atún e olivas 

Como xa o notarías, o atún sole ser un ingredientes moi recorrente nos recheos e, en este caso tampouco podía faltar. Ademais dunha lata de atún en conserva tamén vas a necesitar:

  • 1 baguette
  • 200 gramos de queixo para untar
  • 70 gramos de olivas sen oso
  • Pementa

O recheo é moi doado de facer, basta con mesturar todos os ingredientes nunha cunca ata crear unha masa homoxénea. Facemos coa baguette o mesmo que na anterior receita, un oco no seu interior quitando todo o miolo para así poder encher coa nosa nova mestura. Só queda sentarse na mesa e degustar este aperitivo.

 

Como ves, o pan pode ser un ingrediente fundamental en moitas receitas e aporta orixinalidade aos aperitivos. Nós solo che damos algunhas ideas para que te animes a non velo como un simple acompañante das comidas. Que receita te animas a facer?