5 consellos para utilizar o Marketing Sensorial na túa panadería
Un dos obxectivos principais dos negocios é conseguir atraer cada vez a máis clientes ao mesmo tempo que se trata de fidelizar aos actuais. Se queres que os teus clientes che recorden como a súa panadería de sempre, e permanezan contentos coa experiencia de compra, a túa solución pode ser o Marketing Sensorial.
No caso de produtos como a comida, este tipo de estratexias adecúase como anel ao dedo, xa que se pode conseguir fidelizar aos clientes a través dos cinco sentidos.
Que é o Marketing Sensorial?
O Marketing sensorial é unha estratexia de marketing que trata de apelar aos sentidos para crear experiencias únicas a través da vista, o oído, o son, o gusto e o tacto. Chamando a atención de estes, búscase que o consumidor ou comprador viva unha maneira distinta de comprar, que goce do momento e trate de asociar un sabor, unha música ou un olor a unha marca ou produto.
Esta técnica non só consegue que os clientes regresen a tenda, senón que pode ser que un posible comprador que pase pola rúa e escoite a música o cheire un produto, síntase atraído pola tenda e entre nela.
Existen diversos estudos que demostran que os sentidos e as emocións inflúen moito no proceso de compra, facendo que xa non só teñamos en conta o prezo e a calidade. O ser humano é capaz de recordar o 35% dos olores que respira, un 15% do que proba, un 5% do que ven os seus ollos, un 2% do que escoitan os seus oídos e un 1% do que toca coas súas mans.
O olfacto é o sentido más poderoso, ten unha forte relación coa parte do noso cerebro que está ligada á memoria e que contén as emocións. Polo tanto, por que non xogar con este tipo de accións e potenciar que os clientes regresen ao teu negocio para vivir unha experiencia única e sensorial?
Consellos para aplicar o marketing dixital na túa panadería
O mundo da panadería e pastelería ten un punto moi forte nos produtos, no atractivo olor. Cantas veces estivemos paseando pola rúa e entramos na panadería simplemente polo olor do seu pan recentemente enfornado ou a pinta de empanadas ou bolería? Seguro que moitos de vos experimentásedes estas sensacións e decidísedes a compra a través dos sentidos.
De esta maneira, non se pode obviar esta técnica e por iso a continuación vos deixo uns consellos para aplicalo na túa panadería e ver como as vendas aumentan e o teu negocio triunfa:
- Deixa que os aromas propios dos teus produtos sexan os que inunden a túa panadería. Non trates de evitar o olor da fabricación do pan con ambientadores xa que iso fará que se perciban olores non relacionados coa túa actividade.
- Pregunta aos teus clientes cales son os aromas que más lle gustan e trata de potencialos.
- Ofrece mostras dos teus produtos. O ser humano recorda moito máis un produto se o proba que se o ve, e moitas persoas anímanse a probar mostrar. Se lles gusta, pode que cambien a súa panadería habitual pola túa, cousa que de outra forma sería máis difícil.
- Mantén todos os teus produtos nun escaparate á vista, conseguindo chamar a atención dos clientes.
- Intenta que recorden todo isto é as comunicacións que realices con eles. Por exemplo, podes incluír un vídeo na túa páxina web sobre o enfornado dos teus produtos para que, instintivamente, recorden o seu olor ou o seu sabor, e isto fará que queiran volver pronto para compra os teus produtos. Nas redes sociais, podes colgar fotografías ou GIF’s que enxalcen estas características dos teus produtos.
Como xa sabes o que é o Marketing Sensorial e como pode axudar ao teu negocio, por que non te atreves a pór en práctica algúns destes consellos?
Los comentarios están desactivados.