mitos y verdades do pan

Mitos e verdades do pan

Es un amante do pan e non podes deixar de tómalo en todas as túas comidas? Dixéronche algunha vez que é moi malo e que engorda moito? Se che ocorre algunha de estas cousas estate moi atento a este post xa que descubrirás as falsas crenzas acerca este produto e cales son os motivos para seguir co seu consumo.

Estamos acostumados a comer pan xunto con todas as nosas comidas, o almorza cunhas tostadas, ó mediodía e a cena como acompañante dun prato e a merenda cun bocadillo. Pero que ten de verdade iso de que o pan engorda?

Se comparamos unha porción de pan con un refresco como a CocaCola, observamos que as calorías que ambos aportan son similares pero algo a destacar é que o refresco aporta tan so azucre cando o pan contén moitas vitaminas e minerais.

Se queres contestar a toda esa xente que che segue contando que o pan é algo negativo e prexudicial para a túa saúde, non perdas detalle dos mitos que vamos a desmentir a continuación.

Desmentindo as falsas crenzas do pan

A pesares de ser un produto rico en nutrientes e necesario para manter unha dieta equilibrada, hai unha corrente de pensamento que trata de eliminar todas as súas vantaxes a través de falsos argumentos que levan a diminuír o seu consumo por parte dos usuarios.

Seguro que ti tamén coñeces algunha falsa crenza sobre o pan pero seguro que hai moitas outras que se che escapan e é neste momento cando coñecerás todas.

  • A miga é pero que a codia. Si señores, a miga está composta polos mesmos elementos que a codia e é por iso polo que non engorda máis. A única diferenza entre ambas é que a miga ten moita máis auga que a codia.
  • Non conxeles o pan, é prexudicial. Outra mentira máis. O pan conxelado conserva todos os nutrientes do pan fresco, é mentira que as vitaminas se eliminen co conxelado.
  • O pan engorda. A primeira idea que nos ven a mente cando empezamos unha dieta é eliminar este alimento e isto está moi mal feito. Moitos estudios demostraron que é bo o seu consumo sempre que sexa con moderación.
  • Non ó bocadillo. O que engorda do bocadillo non é o pan, son os ingredientes que ti introduces nel.

Bocadillo de pan

  • É mellor o pan tostado. Esta crenza tan xeneralizada é mentira. Ó tostalo o único que se consegue é eliminar parte da súa auga, polo que o resultado non che vai a aportar menos calorías.
  • Aposta pola variedade sen sal. Se queres adelgazar e compras este tipo de pan tes que saber que non ten menos calorías que o normal, senón que o sal é mais reducido para as persoas que teñen problemas cardiovasculares.
  • Non abuses del xa que aumenta o colesterol. Por último unha das falsas crenzas máis faladas, o consumo do pan aumenta o colesterol. Isto é mentira xa que as graxas que contén o pan son vexetais e estas non aumentan o colesterol en ningún caso.

Coñecías todas as falsas crenzas que existen sobre este alimento? Xa ves que case todo o que se di por aí fora sobre o pan son mitos que foron collendo peso co paso do tempo.

Agora que xa os coñeces e te quitaches eses temores da túa cabeza, aconsélloche que leas atentamente todos os beneficios e as vantaxes que si aporta.

Razóns para incluír o pan nas túas comidas

Se che gusta o pan e che encanta acompañalo coas túas comidas principais seguramente che encantará coñecer toda a parte positiva que este alimento aporta o teu estado de saúde e a túa dieta.

Despois de ler todas as súas numerosas vantaxes seguro que xa non tes ningún motivo ou escusa para eliminalo do túa dieta.

  • Aporta unha dose esencial de enerxía ó noso corpo xa que contén unha fonte importante de nutrientes e hidratos de carbono.
  • É un alimento esencial para o desenrolo neurolóxico ó conter vitaminas do complexo B.
  • Contén pouca graxa.
  • Moi versátil. Existen múltiples tipos de pan: Pan tostado, pan branco, pan integral, pan con sementes, pan de molde… e todos teñen unha característica en común, un rico sabor.
  • Facilita a actividade intestinal ao ter un alto contido en fibra.
  • Pódese comer ata 7 porcións ó dia e levar unha dieta equilibrada.
  • Existen numerosas receitas realizadas con este alimento (Pódese enlazar co post de Noelia de receitas).
  • Pode incluírse en todas as comidas diarias.
  • Comer pan no almorzo contribúe a diminuír o risco de obesidade.
  • Moi recomendada a súa presenza nas dietas das embarazadas xa que ademais de aportar enerxía a mamá, contribúe ao bo desenrolo do bebé.
  • Un dos alimentos máis saciante.
  • É un bo amigo para aquelas persoas que sofren de problemas cardíacos.
  • É un alimento recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Verdades do pan

Agora que xa tes toda a información que necesitas saber , seguramente xa nin te plantes eliminalo da túa dieta. Aprovéitate de todos os seus beneficios e non te deixes levar por todas esas falsas crenzas que tratan de diminuír completamente o seu consumo por parte dos usuarios.

Non teñas medo e apúntate a goza do seu exquisito sabor!

3170 replies

Comments are closed.