¿Cómo nació la rosca de pascua?

Como naceu a rosca de Pascua?

Non hai Pascua sen rosca ou polo menos iso é o que pensan todos os afillados cada ano cando se acerca á Semana Santa. Cunha receita sinxela baseada en leite, ovos e fariña, e decorada con froita e azucre; este prostre non deixa indiferente a ninguén e, sen lugar a dúbida, acapara todo o protagonismo, converténdose no manxar estrela nestas festas.

Pero onde xurdiu a idea da tradicional rosca? Hai moitas lendas e historias sobre a posible orixe deste prostre pero aquí traémosche as máis coñecidas.

Historia da rosca de Pascua

Inicialmente a tradición de elaborar e regalar a rosca de Pascua non tiña ningunha relación coa relixión senón cos festexos paganos da antigüidade, onde se elaboraban unhas tortas redondas como agradecemento pola xenerosidade da terra.

Existen varias lendas sobre o momento exacto e a razón do nacemento da rosca pero son solo dúas as que máis repercusión tiveron.

Para a inmensa maioría, a rosca de Pascua ten a súa orixe en Italia, máis concretamente en Bolonia, onde os pasteleiros da zona decidiron crea un delicioso prostre que servira como complemento ideal ao tradicional ovo de Pascua. Para iso, empregaron tres elementos esenciais na repostería: leite, ovos e fariña e déronlle á mestura unha forma circular. A grande novidade que incorporaron residía no seu interior onde colocaban ovos duros, algo que aínda se segue a facer actualmente nalgunhas rexións.

Por outro lado, hai quen sostén que o nacemento da Rosca sitúase no ano 476 na cidade de Pavia, cando un monarca bárbaro visitou a cidade. Según se di, un pasteleiro preparou para a celebración da Pascua un prostre con forma de pomba como símbolo da paz e amor, regalándollo ao rei. Este quedou tan aflixido polo xesto que decidiu liberar a toda a poboación da cidade.

Como podedes ver, non só a elaboración e o deseño modificáronse co paso do tempo, senón que tamén o seu significado variou, pasando a simbolizar a unión, o renacer eterno e a continuidade.

Xa sabemos a historia da rosca… e que é dos ovos de Pascua? 

Os tradicionais ovos de Pascua teñen a súa orixe máis anterior no tempo que a rosca xa que se remonta ao Imperio Romano, onde as persoas regalaban ovos durante o equinoccio da primavera como sinal da boa sorte.

¿Cómo surgieron los huevos de Pascua?

Esta tradición pagana foi tomada polos cristiáns que a converteron nunha costume para simbolizar a fecundidade, a vida e a resurrección. Ademais, na Idade Media era común que se empregasen ovos para pagar os censos feudais, cuxos pagos se realizaban durante a Semana Santa, concretamente o domingo de Pascua, de ahí que sexa este día cando as madriñas regalan ovos aos seus afillados.

 

As nosas decoración favoritas para a rosca e os ovos de Pascua

Non só os profesionais da panadería decoran os doces típicos senón que cada vez máis, sobre todo nenos, téndese a decorar ovos. Se non che ven a inspiración, dende Unayta dámosche algunhas ideas! Estas son as nosas recomendacións favoritas:

 

Rosca de la panadería San JoséPan da moa y su rosca de Pascua

Panadería San José                                                                                                 Pans e doces Pan da Moa 

Tahona Debén y su rosca de Pascua

Panadería Tahonas Debén

Pastelería Roiser y su huevo de PascuaPasteleria ebano con un bonito huevo de pascua

Pastelería Roiser                                                                                           Panadería- Pastelería Ebano

Pastelería Martín y su Pocoyo de chocolate

Pastelería Martín

 

Agora que xa sabes a historia da Rosca de Pascua e dos ovos de chocolate, só che queda acercarte a unha panadería e facerte cun destes manxares tan propios da Semana Santa. Que os goces!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

727 comentarios

Los comentarios están desactivados.