Orixe do pan

Orixe e historia do pan

Seguro que comes pan todos os días do ano, pero coñeces a historia que hai detrás de este alimento tan nutritivo?

Ben é certo que moita xente sabe aspectos fundamentais do pan tales como a súa realización, a composición, receitas e incluso as múltiples vantaxes nutritivas que este aporta á túa dieta. Sen embargo poucos ou case ninguén coñecen a historia do pan, a súa orixe e a súa evolución. Se che encanta o pan e che gusta coñecer as curiosidades que hai detrás de el, presta atención e mergúllate no marabilloso mundo do pan.

Onde naceu o pan?

Vale é certo, pode que non coñezas a orixe do pan xa que tivo lugar hai moitos moitos anos. O primeiro contacto con el tivo lugar nin máis nin menos que no Neolítico onde os antepasados do home utilizaban sementes, cereais e auga para elaborar unha especie de papilla. Sen embargo isto non era o que hoxe en día coñecemos todos como pan.

Se buscamos unha referencia que se asemelle máis o produto de hoxe en día temos que remontarnos a civilización exipcia, é dicir, en torno ó ano 2000 a.C. Elaboraban o pan en fornos que eles mesmos crearan e que foron encontrados en escavacións realizadas posteriormente en Babilonia.

Os produtos principais que conformaban a masa eran os mesmos que hoxe en día, fariña e auga. Algo a destacar dos exipcios é que comían o pan cocido pero sen fermentar a masa xa que non coñecían esta técnica, pero que casualidade que foron eles mesmos os quen sen querelo descubriron que fermentando a masa, o pan convertíase nun alimento moito máis esponxoso e con mellor sabor.

Un día como outro calquera, os exipcios prepararon a masa do pan para a comida pero en lugar de cocela e comela o momento esquecéronse de ela e seguiron coa comida. Ó dia seguinte encontraron a masa e como non querían desperdiciar ese manxar que comían todos os días decidiron aproveitala e cocela. Despois da cocción os exipcios quedaron moi abraiados xa que descubriran que deixando a masa durante un tempo repousando, o pan estaba moito máis rico, saboroso e incluso tiña unha textura moito máis apetecible.

Dende ese momento o pan converteuse nun alimento gourmet e indispensable na sociedade exipcia xa que tiña unha vantaxe moi importante, podía elaborarse ao longo de todo o ano sen ter en conta as condicións meteorolóxicas ou ambientais.

orixe pan

Pero a historia do pan non se resume so en Exipto senón que acompañou o home o longo de toda a historia experimentando distintas evolucións segundo as culturas de cada localización.

O pan segundo as diferentes culturas

Dende o seu nacemento ata a actualidade o pan converteuse nun dos alimentos máis consumidor a nivel mundial pero non sempre os humanos tiñan a mesma concepción sobre el ou as mesmas maneiras de realizalo.

Se queres coñeceren profundidade a historia do pan faise necesario realizar un recorrido por las distintas culturas, etapas e civilizacións para comprobar as modificacións e variacións que sufriu este alimento ata a actualidade.

  • Cultura Grega. As relacións comerciais entre Exipto e Grecia fixeron posible a adopción de este alimento. Non so se adquiriu a costume de comer o pan senón que se mellorou e chegaron a crearse ata 70 pans con diferentes formas, compostos de diferentes cereais e incluso engadindo ó mesmo diferentes especias como froitos secos.
  • Romanos. Nun primeiro lugar o pobo romano restrinxe a elaboración do pan xa que era considerado un alimento de ricos e pouco alcanzable para toda a sociedade. Sen embargo foron eles os que melloraron os fornos e os muíños para poder elaborar o pan cunha maior eficiencia, chegando a ter no ano 30 a.C máis de 300 panaderías. Foi en Roma onde se creou a primeira asociación de panadeiros.
  • Idade Media. Durante esta época non houbo un avance moi destacable na panificación xa que Europa viviu unha carestía enorme tanto no cultivo de cereais como na diminución de alimentos base. O pan branco volvía a ser un produto para as clases con máis poder e ricas, deixando para os máis pobres o consumo do pan mais basto e apenas cocido O igual que o pobo Romano, na Idade Media o pan tamén estaba regulado polo goberno xa que era a alimentación base de case toda a sociedade.
  • Época Moderna. A finais do século XVIII, a agricultura e a técnica do muíño comezaron a experimentar unha evolución. Coa mellora do muíño conseguiuse que a produción do trigo aumentase e o pan branco empezou a reducir o seu prezo e a chegar a todas as clases sociais. Un gran acontecemento de esta época foi a introdución de unha fase ó proceso de elaboración do pan, a aireación da masa. Déronse de conta de que si tras a cocción da masa do pan a deixaban ó aire, esta conseguía unha textura máis esponxosa e o resultado final era máis intenso.
  • España. A pesar de que os romanos levaron a todas as súas colonias este produto, a España xa chegara antes grazas ós celtiberos no século III a.C. En España consumíase pan branco e o chamado pan roxo, un pan formado por fariña e salvado. Especialmente na zona do Mediterráneo existen grandes gremios de panadeiros desde fai máis de 700 anos.

Orixe do pan

Como podes observar, o pan foi labrando o seu camiño entre as distintas culturas e o longo do tempo ata chegar ó que é actualmente. Pode que en elas se tivese concepcións distintas sobre el pero en case todas era considerado un alimento para as clases sociais máis ricas.

Actualmente o pan é un alimento base en case todas as dietas e seguramente non valoramos o  prezado que é xa que agora é moi doado obtelo e gozar do su exquisito sabor e da súa textura inmellorable.

Coñecías a historia e a e evolución do pan? Seguramente a resposta sexa un non pero nunca está de máis aprender as curiosidades de un alimento que nos acompaña día a día.

1582 comentarios

Los comentarios están desactivados.