marketing sensorial panaderías

5 consellos para utilizar o Marketing Sensorial na túa panadería

Un dos obxectivos principais dos negocios é conseguir atraer cada vez a máis clientes ao mesmo tempo que se trata de fidelizar aos actuais. Se queres que os teus clientes che recorden como a súa panadería de sempre, e permanezan contentos coa experiencia de compra, a túa solución pode ser o Marketing Sensorial.

No caso de produtos como a comida, este tipo de estratexias adecúase como anel ao dedo, xa que se pode conseguir fidelizar aos clientes a través dos cinco sentidos.

Que é o Marketing Sensorial?

O Marketing sensorial é unha estratexia de marketing que trata de apelar aos sentidos para crear experiencias únicas a través da vista, o oído, o son, o gusto e o tacto. Chamando a atención de estes, búscase que o consumidor ou comprador viva unha maneira distinta de comprar, que goce do momento e trate de asociar un sabor, unha música ou un olor a unha marca ou produto.

Esta técnica non só consegue que os clientes regresen a tenda, senón que pode ser que un posible comprador que pase pola rúa e escoite a música o cheire un produto, síntase atraído pola tenda e entre nela.

Existen diversos estudos que demostran que os sentidos e as emocións inflúen moito no proceso de compra, facendo que xa non só teñamos en conta o prezo e a calidade. O ser humano é capaz de recordar o 35% dos olores que respira, un 15% do que proba, un 5% do que ven os seus ollos, un 2% do que escoitan os seus oídos e un  1% do que toca coas súas mans.

O olfacto é o sentido más poderoso, ten unha forte relación coa parte do noso cerebro que está ligada á memoria e que contén as emocións. Polo tanto, por que non xogar con este tipo de accións e potenciar que os clientes regresen ao teu negocio para vivir unha experiencia única e sensorial?

Consellos para aplicar o marketing dixital na túa panadería 

O mundo da panadería e pastelería ten un punto moi forte nos produtos, no atractivo olor. Cantas veces estivemos paseando pola rúa e entramos na panadería simplemente polo olor do seu pan recentemente enfornado ou a pinta de empanadas ou bolería? Seguro que moitos de vos experimentásedes estas sensacións e decidísedes a compra a través dos sentidos.

marketing sensorial

De esta maneira, non se pode obviar esta técnica e por iso a continuación vos deixo uns consellos para aplicalo na túa panadería e ver como as vendas aumentan e o teu negocio triunfa:

  1. Deixa que os aromas propios dos teus produtos sexan os que inunden a túa panadería. Non trates de evitar o olor da fabricación do pan con ambientadores xa que iso fará que se perciban olores non relacionados coa túa actividade.
  2. Pregunta aos teus clientes cales son os aromas que más lle gustan e trata de potencialos.
  3. Ofrece mostras dos teus produtos. O ser humano recorda moito máis un produto se o proba que se o ve, e moitas persoas anímanse a probar mostrar. Se lles gusta, pode que cambien a súa panadería habitual pola túa, cousa que de outra forma sería máis difícil.
  4. Mantén todos os teus produtos nun escaparate á vista, conseguindo chamar a atención dos clientes.
  5. Intenta que recorden todo isto é as comunicacións que realices con eles. Por exemplo, podes incluír un vídeo na túa páxina web sobre o enfornado dos teus produtos para que, instintivamente, recorden o seu olor ou o seu sabor, e isto fará que queiran volver pronto para compra os teus produtos. Nas redes sociais, podes colgar fotografías ou GIF’s que enxalcen estas características dos teus produtos.

 

Como xa sabes o que é o Marketing Sensorial e como pode axudar ao teu negocio, por que non te atreves a pór en práctica algúns destes consellos?