Creamos e xestionamos as redes sociais da túa panadería para que te coñezan, sepan o que fas e cho encarguen…
Sen esperar!
TI POS O PAN, E UNAYTA O MARKETING DIXITAL
Queres estar presente no medio on-line e non sabes como?
En Unayta axudámoste a facer máis sinxelo que os teus clientes che merquen máis e que se acheguen outros novos, e así dar a coñecer a túa panadería a través do marketing dixital. Sabemos que para ti é importante introducirte nas novas canles de comunicación, por iso ideamos un paquete específico para o teu negocio que consta dos seguintes servizos:
Redes sociais
Os teus clientes están nas redes sociais (Facebook, Instagram, nos emails,..) Chega a ela a través da túa canle de comunicación máis habitual e fai que che recomenden pola túa calidade e servicio.
Promociona o teu produto con sorteos nas redes sociais, nos procuraremos a súa difusión por internet, eso daráche popularidade e verás cómo a xente debece por probar as delicias que preparas.
Posicionamento en Google
Farémolo, principalmente, por medio dun Blog. Este é un xeito fenomenal de contarlle a xente do teu producto, o san, variado e saboroso que é. Esto vai facer que aparezas en Google cando busquen panaderías ou productos de panadería da túa localidade.
Ben sabemos todos que ser dos primeiros fai que a xente vaia a túa web e che encargue.
Publicidade on-line
Cos anuncios en Google e en Facebook poñerás os teus productos a disposición do cliente que realmente os quere. Aumenta o alcance das túas redes sociais a través de campañas periódicas e fai que che merquen na túa tenda online. Se aínda non a tes podemoscha facer como un proxecto aparte (non incluida nos pack)
PACK INICIAL
+ Redes Sociais
+ Posicionamento en Google
+ Publicidade on-line
Inclúe a posta en marcha coa alta das redes sociais e plan personalizado de marketing dixital
________________________________________
Paso 1 – Xeración de promocións e sorteos por datas especiais (aniversarios, efemérides) ou para darlle movemento a contorna dixital.
Paso 2 – Interactuar semanalmente con influencers e profesionais do sector pola canle máis axeitada, entre 5 e 10 veces ao mes.
Paso 3 – Un par de veces ao mes faremoslle un envío de mostras do teu producto a influencers seleccionados para que falen del.
________________________________________
Paso 4 – Revisar o avance de cada estratexia para tomar as mellores decisións.
________________________________________
Paso 5 – Xerar os anuncios (Google e/ou Facebook) sobre a túa empresa e produtos, e así facer que che compren con visitas na túa tenda virtual ou chamen a física.